Escritorio virtual (VDI)

Unha Infraestructura Virtual de Escritorios, ou en inglés “Virtual Desktop Infraestructure (VDI)”, é unha solución que realiza unha separación entre o escritorio (datos e programas que empregan os usuarios), da máquina física. Consiste, básicamente nun escritorio “virtual” almacenado nun servidor remoto, en lugar de almacenarse físicamente no disco duro da máquina do usuario.

Deste xeito, os usuarios poden traballar desde a súa máquina persoal, pero os programas, aplicacións e datos que se almacenan execútanse nun servidor central, o que fai que o os usuarios podan acceder remotamente o seu escritorio dende calquera dispositivo, dende un PC, ata un smartphone ou tablet.  Permite por exemplo, traballar coas aplicacións de docencia da UDC (SPSS, etc) dende a casa, ou mandar arquivos as impresoras das AulasNet remotamente (os traballos gárdanse 48h).

A solución empregada pola Área de Sistemas para a posta en marcha da infraestructura de escritorios virtuais é Vmware, pois proporciona unha gran comodidade en canto a instalación e configuración.

Para que cada usuario poda dispoñer de este servizo, únicamente será necesario instalar un pequeno software, Vmware Horizon View Client.

A continuación encóntranse os tutoriales de instalación e configuración do cliente Vmware  Horizon para cada unha das plataformas soportadas:

Guía de instalación e configuración en Windows

Guía de instalación e configuración en Mac

Guía de instalación e configuración en Ubuntu

Guía de instalación e configuración en iOS

Tutoriais:

Manual de impresión usando o escritorio virtual das AulaNet