Benvido á Área de Sistemas

A misión fundamental da Área de Sistemas é o deseño, implementación e mantemento dos elementos que constitúen a infraestrutura informática da Universidade da Coruña, entendendo por tal os elementos físicos, lóxicos, configuracións e procedementos necesarios para proporcionar a toda a Comunidade Universitaria os servizos informáticos necesarios para desenvolver as súas actividades.

As nosas instalacións

Estamos ubicados no Edificio de Servizos Centrais de Investigación (ESCI).

Virtualización

Dispoñemos dunha infraestructura de virtualización na que mantemos virtualizados tanto os servidores coma os clientes da nosa comunidade universitaria.

Correo

O servizo de correo electrónico mantén máis de 100.000 contas de usuarios que teñen relación coa universidade (alumnos, PDI, PAS, ex-membros...). O servizo compleméntase co das listas de distribución.

Outros Servizos

Ofrécense outros servizos fundamentais para UDC coma son o backup a cinta magnética, o Directorio Activo (un dos principais de Galicia), a xestión das B.B.D.D. institucionais, ou o FTP Corporativo (intercambio de informacións científicas).