Servidor Ftp corporativo

Servizo FTPA existencia de múltiples servizos de FTP activos na rede interna leva inevitablemente á búsqueda dunha solución común para todos os servizos que simplifiquen a xestión e que ao mesmo tempo permitan unha integración con redes externas, asociadas na maioría dos casos con compañías colaboradoras coa Universidade.

Implementouse una solución baseada no software Filezilla (código aberto). Para iso  creouse o servidor “ftp.sic.udc.es” destinado exclusivamente a dar servizo de ftp corporativo a UDC.

Cada usuario ten que  descargar e instalar o cliente de Filezilla (ver manual para a súa configuración) o que lle permitirá utilizar o servizo podendo  acceder aos arquivos interna ou externamente de forma segura, xa que toda a comunicación transmítese cifrada.

Os usuarios FTP serán administrados polo persoal da área de  sistemas, de maneira independente  aos usuarios creados a través da páxina de activación de servizos.

Procedemento de solicitude de creación de contas.

–          Encher  o formulario de solicitude que debe ser asinado pola persoa  responsable do servizo que fai a solicitude.

–          Envío do dito formulario á Área de Sistemas do SIC, por correo interno ou por email á dirección sistemas@udc.es.

–          Unha vez recibido a solicitude  procederase á creación da conta solicitada e comunicarase ao interesado.

–          Deberase proporcionar un teléfono de contacto co fin de que o servizo lle comunique o contrasinal da conta.

Nota: A cuota por defecto nunha conta nova será de 1 GB, de ser preciso unha capacidade maior, indicarase no campo de descrición da conta. Dita solicitude analizarase segundo o caso e darase un resposta dende a coordinación da área. É importante ter en conta na solicitude da capacidade que o fundamento deste servizo é o intercambio de arquivos, e non o almacenamento dos mesmos. 

Solicitude de cambio de contrasinal.

–          O procedemento é o mesmo que para a creación, pero ten que empregarse o formulario disposto a tal efecto.

Solicitude de anulación da conta.

–           O mesmo que nos casos previos farase a petición por medio do formulario correspondente.