Listas de distribución

Desde novembro do 2010 a UDC dispón dun sistema de listas de distribución baseado en Sympa. Para acceder, pode facelo conectándose a https://listas.udc.es/sympa/home e identificándose co nome de usuario e o contrasinal do Servizo de Autenticación única da UDC.

Esta nova plataforma, está totalmente integrada co Servizo de Autenticación única da UDC. Esta característica permite crear novas listas que se actualicen dinamicamente coas altas, baixas e modificacións das persoas rexistradas. Deste xeito, os administradores das listas poden ter as súas listas totalmente actualizadas sen ter que introducir os datos manualmente e coa garantía de que a lista estará actualizada en todo momento. Algúns exemplos destas listas dinámicas poden ser a lista de PDI da UDC, a lista de alumnos dun determinado centro ou a lista de profesores dun departamento concreto.

Para solicitar unha nova lista de distribución ten que cubrir o formulario que atopará no apartado Formularios desta mesma páxina web. Para administrar unha lista de correo é requisito pertencer á UDC e estar dado de alta no Servizo de Autenticación única da UDC. Non está permitido administrar listas de correo desde contas alleas á UDC ou desde contas xenéricas.

Guía rápida UDC para a administración de Sympa

Manual de Usuario Qindel para a plataforma Sympa

Para calquera dúbida ou aclaración sobre configuracións ou problemas do correo electrónico debe poñerse en contacto co Centro de Atención ao Usuario (CAU) chamando á extensión 2222.